lunes, 28 de octubre de 2013

VIDA E XORNALISMO GONZO DE HUNTER S. THOMPSON

Este proxecto forma parte dun traballo para a materia de Xéneros Informativos en Prensa no que abordaremos a vida e obra do xornalista e escritor Hunter Stockton Thompson. Nesta práctica recolleranse tódalas fontes bibliográficas a partir das cales se realizará o traballo final.

A estructura do proxecto consta de catro grandes bloques de información: biografía, introducción ó novo xornalismo incluíndo o nacemento do xornalismo gonzo, a carreira profesional e as obras do autor.

O material utilizado baséase en tres tipos de fontes principais: revistas online, onde se inclúen artigos do autor, artigos sobre el e entrevistas; material multimedia, documentais e películas baseadas nos seus libros; e as súas propias obras, que nos axudan tanto a falar sobre a súa carreira profesional coma da súa vida, ademais das propias obras en si –aínda que para as obras preferimos as análilses que atopamos e as nosas propias-. En menor medida, consultamos fontes online.

Entendemos que con esta recompilación de referencias bibliográficas poderemos realizar un traballo final preciso e ben documentado, de xeito que calquera lector adquira uns coñecementos amplos sobre Hunter S. Thompson. 


BILIOGRAFÍA

A partir das seguintes fontes bibliográficas explicaremos a vida do xornalista e autor Hunter S. Thompson, dende o seu nacemento, lugar onde viviu, onde e como traballou, e así percorreremos unha longa viaxe polo camiño que escolleu até a súa morte.

Alex Gibney (2008). Gonzo: The Life and Work of Dr. Hunter S. Thompson; Gonzo: Vida y hazañas del Dr. Hunter S. Thompson[1] [Vídeo en liña], Estados Unidos, Magnolia Pictures/HDNet Films.

Neste último archivo audiovisual, o director do filme retrata en modo de documental, a vida do autor cos seus momentos máis decisivos dende a súa rebelde xuventude, os seus primeiros traballos como xornalista, a turbulenta relación que o uniu aos “Ánxeles do Inferno”, a súa fracasada candidatura a Sheriff de Aspen ou a súa notoria implicación na campaña presidencial que data en 1972.

Memba, Javier (2002). “Malditos, heterodoxos y alucinados. Hunter Stockton Thompson, el creador del periodismo gonzo (XLIX)”. Elmundolibro.com [En liña]

A partir desta ligazón, recolleremos no apartado "Un delincuente juvenil" a súa etapa de mocidade e tamén diferentes datos biográficos.

Nolasco, Sergio (2013). “Hunter S. Thompson: el periodista que quiso ser sheriff. De la invención del periodismo gonzo a la búsqueda de un cargo público”. DIEZ4 [Revista en liña] Dispoñible en Correo electrónico: buzon@diez4.com 


A partir deste artigo, descubriremos que o autor non só se adicaba ao xornalismo, así coma os distintos ideais que o caracterizaban.
           
Biography for Hunter S. Thompson  [2].  IMDb [En liña]

Nesta ficha atoparemos datos máis profundos da personalidade do autor, aportaranos información adicional.

O NOVO XORNALISMO: XORNALISMO GONZO

A través desta escolma de fontes bibliográficas, accederemos á información que nos explica a qué fai referencia o termo “xornalismo gonzo”, esa corrente xornalística da que é pai H.S.Thompson.

Cyclopaedia (2013). “Gonzo periodismo”. Cyclopaedia.net [En liña] <http://es.cyclopaedia.net/wiki/Gonzo-periodismo> [Consulta: 10 de octubre]

Desta páxiña web é importante destacar os diferentes soportes nos que se nos ofrece a información, dende unha pequena introdución teórica ata unha serie de artigos científicos que versan sobre o xornalismo gonzo, pasando por fotografías e vídeos sobre a temática.

Periodismo Gonzo (2012). “Periodismo Gonzo no es sólo Hunter S. Thompson”. ReportajeGonzo Blogspot[3] [En liña] <http://reportajegonzo.blogspot.com.es/2012/10/periodismo-gonzo-no-es-solo-hunter-s.html> [Consulta: 10 de Outubro]

Nesta ligazón son salentábeis os outro protagonistas dos cales se nos dá o nome que tamén traballaron esta disciplina xornalística.

Vargas, Esther (2013). “La vida de un reportero y el periodismo gonzo/encubierto/border”[4]. Clases de Periodismo.com [En liña] <http://www.clasesdeperiodismo.com/2013/04/08/la-vida-de-un-reportero-y-el-periodismo-gonzoencubiertoborder/> [Consulta: 10 de Outubro]

Grazas a esta ligazón poderemos ahondar máis no que supuso Thompson na creación deste xénero periodístico, ademáis de estudar matices aportados por outros autores que practicaron tamén o xornalismo gonzo, como Günter Walrraff.

TRAXECTORIA PROFESIONAL

Brinkley, D. y McDonell, T. (s. f.). Interviews: “Hunter S. Thompson. The art of journalism No. 1”. The Paris review[Revista en liña]<http://www.theparisreview.org/interviews/619/the-art-of-journalism-no-1-hunter-s-thompson> [Consulta: 10 Outubro 2013]

Probablemente incluida no libro anterior, temos unha entrevista feita por Douglas Brinkley e Terry McDonell ao escritor gonzo. Consideramos que é moi útil para o noso traballo porque aporta datos sobre a súa carreira e as súas obras, sendo unha fonte de primeira man.

Bruce Robinson (2011). The rum diary; Los diarios del ron”[4] [DVD], Estados Unidos, Warner Independent Pictures / GK Films / Infinitum Nihil / Dark & Stormy Entertainment / FilmEngine.


Iglesia, Anna María (2013). “El último dinosaurio, el lúcido testimonio de Hunter S. Thompson”. Culturamas [Revista en liña]. Dispoñíbel en Correo electrónico: info@culturamas.com

<http://www.culturamas.es/blog/2013/04/25/el-ultimo-dinosaurio-el-lucido-testimonio-de-hunter-s-thompson/> [Consulta: 11 Outubro 2013]



Este artigo fala do libro El último dinosaurio, recompilación de entrevistas feitas ó autor nas que fala sobre a súa profesión e a súa traxectoria profesional, polo que podemos recadar información sobre o tema.

Nolasco, Sergio (2013). “Hunter S. Thompson: el periodista que quiso ser sheriff. De la invención del periodismo gonzo a la búsqueda de un cargo público”. DIEZ4 [Revista en liña] Dispoñible en Correo electrónico: buzon@diez4.com 
<http://diez4.com/diez4/2013/hunter-s-thompson-el-periodista-que-quiso-ser-sheriff/> [Consulta: 10 Outubro 2013]

Neste artigo –que aparecera no apartado de bibliografía- atopamos moita información útil sobre a carreira de Thompson, dende a súas ambicións profesionais até os seus ideais. Podemos considerar que toda a información é útil se a incluímos de maneira resumida.

Rebollo, Marcos (2012). “Los seis mayores colocones de Hunter S. Thompson” Rolling Stone [Revista en liña]. Dispoñible en enderezo electrónico: contacto@prisarevistas.com

Nesta ligazón podemos empaparnos de tódalas experiencias psicotrópicas que acompañaban a Thompson en cada artigo que tiña que escribir. Ademáis, esa división en seis colocóns está estructurada de forma cronolóxica, polo que podemos facer un recorrido polos altibaixos persoais que vivíu, sempre moi influíntes na súa obra tanto xornalística como novelística.

Terry Guilliam (1998). Fear and loathing in Las Vegas; Miedo y asco en Las Vegas”[6] [DVD], Estados Unidos, Universal Pictures / Summit Entertainment / Fear and Loathing LLC / Rhino Films / Shark Productions.

THOMPSON, Hunter S. El escritor gonzoCartas de aprendizaje y madurez[7], Barcelona, Anagrama, 2012.

O presente libro recolle a correspondencia de Hunter S. Thompson entre 1955 e 1976. As cartas que aparecen representan principalmente a xestación de Thompson como novelista e xornalista gonzo.

THOMPSON, Hunter S. El último dinosaurio, Gallo nero, 2013.

Nesta obra atoparemos una recompilación das entrevistas máis importantes concedidas por Thompson ao longo da súa vida, maioritariamente á revista Rolling Stone, aPlayboy, a Equire e a The Paris Review. A información seleccionada, como no outro caso aínda non a podemos concretar.

Thompson, Hunter S. (1970-1983). “14 Items by Hunter S. Thompson”; “14 ligazóns de Hunter S.Thompson”[7]. Rolling Stone [Revista en liña] Dispoñible en enderezo electrónico:letters@rollingstone.com<http://www.rollingstone.com/contributor/hunter-s-thompson>[Consulta: 10 de outubro]

Nesta ligazón podemos atopar a recompilación dos artigos escritos por Thompson para a revista Rolling Stone, o que nos permite ter unha visión máis persoal e introspectiva do autor.

OBRAS

Para falar das obras dun autor é imprescindíbel ler os seus traballos. Así e todo, os libros e artigos escritos por Hunter S. Thompson son a primeira fonte a que acudiremos, pero non poderemos falar do seu contido até que comecemos coa súa lectura.

THOMPSON, Hunter S. Miedo y asco en Las Vegas, Barcelona, Anagrama, 1971.

THOMPSON, Hunter S. The curse of LonoBantam Books, 1983.

THOMPSON, Hunter S. Los ángeles del infierno, Barcelona,  Anagrama, 2009.

THOMPSON, Hunter S. El escritor gonzo. Cartas de aprendizaje y madurez, Barcelona, Anagrama, 2012a.

THOMPSON, Hunter S. La gran caza del tiburón, Barcelona, Anagrama, 2012b.

THOMPSON, Hunter S. Los diarios del ron, Barcelona, Anagrama, 2012c.

THOMPSON, Hunter S. El último dinosaurio, Gallo nero, 2013.

A lectura destes libros  permitiranos facer unha análese propia de cada obra, pero tamén nos apoiaremos nalgúns traballos sobre elas atopados na rede. Polo de agora ningún contido dos recollidos nas seguintes revistas será descartado, xa que mentres non tiñamos lido as obras de Hunter non poderemos contrastar a información vertida nestes artigos.

Thompson, Hunter S. (1970). “El Derby de Kentucky es decadente y depravado”[8]. Scribd [Librería dixital]

Fuster, Francisco (2009). “Los ángeles del infierno. Una extraña y terrible saga” Ojosdepapel.com [ Revista en liña]

Ademais de analizar a obra Los ángeles del infierno, fálanos das causas que levan a Hunter a realizar este traballo, e tamén da conclusión que acarrea o libro.

García, David (2012). “Miedo y asco en las cartas”. Jot Down [Revista en liña]. Dispoñible en enderezo electrónico: administracion@jotdown.es <http://www.jotdown.es/2012/04/miedo-y-asco-en-las-cartas/> [Consulta: 14 Outubro 2013 ]

Neste artigo fálase do libro El escritor gonzo, e empregaremos os cinco primeiros parágrafos para recadar a información que precisamos sobre esta obra , xa que os sucesivos parágrafos contan datos anecdóticos da vida do autor que carecen de relevancia neste apartado.

García, David (2012). “El botellón caribeño de H.S. Thompson”. Jot Down [Revista en liña]. Dispoñible en enderezo electrónico: administración@jotdown.es

Este artigo é un comentario exhaustivo do libro El diario del ron do que non descartaremos información. David García dedica a maior parte do traballo ó referente a historia e os seus personaxes, aínda que tamén nos fala de vivencias anteriores de Hunter que lle axudaron neste viaxe e ámbalas dúas cousas teñen interés para nós.

Iglesia, Anna María (2013). “El último dinosaurio, el lúcido testimonio de Hunter S. Thompson”. Culturamas.es [Revista en liña] Dispoñible en enderezo electrónico: info@culturamas.com

Os dous primeiros parágrafos funcionan a modo de introducción e non terán valor informativo para o análese que queremos facer da obra El último dinosaurio. Pero a partir do terceiro parágrafo ofrécenos un pequeno resumo do libro que si imos a empregar.

Thompson, Hunter S. (1971). “Fear and loathing in Las Vegas”.Rolling Stone [Revista en liña] Dispoñible en enderezo electrónico: letters@rollingstone.com

Thompson, Hunter S. 1978. “Last tango in Las Vegas; Fear and loathing in the far room”. Rolling Stone [Revista en liña] Dispoñible en enderezo electrónico: letters@rollingstone.com

A relevancia destes artigos básase en que están escritos polo propio Hunter S. Thompson, polo que é un análese en primeira persoa dos seus traballos. O problema destas dúas fontes é que non podemos acceder o contenido íntegro dos artigos, pero serviranos de apoio á hora de redactar a información.





[1] Este documental extraíuse da seguinte ligazón: <http://www.teledocumentales.com/gonzo-the-life-and-work-of-dr-hunter-s-thompson-subtitulado/>[Consulta: 10 Outubro 2013]

[2] O motivo polo cal non se descartou esta páxina web, por non aparecer o nome do autor, é:  “IMDb son las siglas en inglés de Internet Movie Database (base de datos de películas en Internet, en español), y se refiere a una página con información relacionada a películas, programas de televisión y juegos de vídeo. La página de IMDb.com (en inglés) es una de las más populares para consultar información no sólo sobre películas, juegos y programas, sino también información referente a actores, productores, directores y hasta personajes ficticios.”
Castro, Luis (s. f.). “¿Qué es IMDB? La base de datos de películas en Internet”. Internet básico [En liña]

[3] Debemos sinalar que esta páxiña web é un blogue, o cal fai que non poida ser considerada coma unha fonte fiábel. Pero decidimos mantela, xa que tras contrastar a información con outras páxiñas e documentos que sí podemos afirmar que teñen un contido correcto, é posíbel verificar a autenticidade dos datos que aporta.

[4] Teremos que agardar até os visionados dos filmes para poder facer un comentario sobre eles y sobre a información que nos poden aportar.

[5] Teremos que agardar até os visionados dos filmes para poder facer un comentario sobre eles y sobre a información que nos poden aportar.

[6] A data que incluímos é a da última edición publicada. Extraído en:http://www.casadellibro.com/libro-el-ultimo-dinosaurio/9788493856991/2102132 ehttp://www.casadellibro.com/libro-el-escritor-gonzo/9788433978349/1976463[Consulta 10 outrubro 2013]

[7] Esta ligazón é unha ponte de acceso a tódolos artigos escritos por Hunter S. Thompson para a revista Rolling Stone.

[8] Primer artigo escrito por Hunter S. Thompson.


No hay comentarios:

Publicar un comentario